Boqueixón abre este domingo o programa Feiras Activas

0

Boqueixón, 9 de agosto do 2019 – O Concello de Boqueixón porá en marcha este domingo 11 de agosto o seu programa Feiras Activas coa intención de impulsar os mercados dominicais.

Feiras Activas é unha iniciativa impulsada a través dos Departamentos de Cultura e Turismo coa que se pretende incentivar e potenciar os mercados de Lestedo (no primeiro e terceiro domingo de cada mes) e de Rodiño (o segundo domingo de mes) aportando un valor engadido a través de propostas culturais e de lecer.

Feiras activas en Boqueixón“Dende o Concello de Boqueixón quixemos poñer en marcha este programa de dinamización das nosas feiras dominicais co fin de darlles un novo pulo. Pretendemos ofrecer un motivo máis para que a xente se achegue tanto a Lestedo como a Rodiño para coñecer de primeira man os nosos mercados dominicais e aproveitar para visitar estas localidades e mercar ou consumir nos seus establecementos comerciais e hostaleiros”, explica o alcalde  boqueixanés, Manuel Fernández Munín.

A primeira das propostas desenvolverase este domingo 11 de agosto na Carballeira de Rodiño, coincidindo, ademais, coa Feira da Xudía. As actividades desta última inclúen misa na Capela de San Bieito ás 11.00 horas, actuación do grupo Son de Gaita, ademais de inchables para a cativada e degustación gratuíta de xudías.

A maiores, o programa Feiras Activas dará comezo ás 12.30 horas co espectáculo Cirkote. Kote Malabar será o protagonista desta sesión gratuíta apta para todos os públicos que terá lugar na Carballeira de Rodiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial