Boqueixón agarda xa pola 36 Festa da Filloa de Lestedo

0

Boqueixón, 16 de febreiro do 2019 – O Concello de Boqueixón ten preparado todo para a 36º edición da Festa da Filloa.

A cita en Lestedo será o 10 de marzo e, coma sempre, a Festa da Filloa ten un amplo programa de actos que ofrecer pero antes do día grande as presentación van abrindo boca.

Este venres a Asociación da Filloa participou en A Baña nun encontro cos organizadores das festas, tamén da filloa, de Zas, Muimenta e a propia A Baña. O 1 de marzo presentarase tamén en Compostela, no mercado La Galicia, nunha xornada na que ademais ensinarase como se elaboran as filloas.

Programa de actividades

Como xa dixemos o día grande será o 10 de marzo en Lestedo. A partir das 12 comezará a animación coa Parranda de Entroido e as 12.30 terá lugar o desfile dos Xenerais da Ulla. Á unha e media a actriz María Mera fará de presentadora para introducir ao pregoeiro, o locutor Ramón Castro.

A música folk acompañará a comida. Actuarán Ardora, Raeira, Luz do Ilicino e O Recobio. As cinco e media volveran a pasear os Xenerais e a xornada rematará xa de noite coas orquestras Finisterre e París de Noia que comezarán a tocar as seis e media da tarde.

A Festa da Filloa de Lestedo está organizada pola Asociación da Filloa e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Boqueixón, os Xenerais da Ulla e a Asociación de Mulleres Rurais de Lestedo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial