Boqueixón aproba a nova RPT, Relación de Postos de Traballo

0

Boqueixón, 23 de marzo do 2019 –  O Pleno de Boqueixón deu luz verde á Relación de Postos de Traballo (RPT) nunha sesión que comezou cunha lembranza á secretaria, Elena Suárez Rodríguez, falecida repentinamente o pasado 10 de marzo.  Todas as persoas integrantes da Corporación municipal puxeron de manifesto a súa valía tanto profesional como persoal e reiteraron o seu pésame á familia e achegados.

O punto máis importante da orde do día foi a aprobación da RPT do Concello de Boqueixón. O alcalde, Manuel Fernández Munín, explicou que o documento presentouse logo de “cinco mesas de negociación cos sindicatos e despois de falar cos e coas traballadores e traballadoras da administración local”. A RPT establece un total de 33 postos de traballo. Deste total, 14 corresponden a persoal funcionario, 13, a persoal laboral fixo e os 6 restantes, a persoal laboral non fixo. O documento foi aprobado polos 8 votos a favor do equipo de goberno. Veciñ@s de Boqueixón votou en contra.

Vacinas obrigatorias na escola infantil

A sesión ordinaria tamén incluíu a aprobación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa. Neste caso o texto incorporou a obrigatoriedade de estar ao día no calendario de vacinacións para poder formalizar a matriculación neste centro escolar. O punto contou co apoio dos 8 edís do PP e a abstención de Veciñ@s de Boqueixón.

Outros temas

Tamén se deu luz verde á modificación dunha vogalía da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Tras a súa xubilación no CPI Plurilingüe de Vedra, Mª Esther Facal Méndez será substituída por Alba Carril Casanova, que fará as veces de representante deste centro educativo.

Sobre a mesa quedou o punto relativo ao inicio da contratación dos servizos enerxéticos e mantemento con garantía total da iluminación pública do Concello de Boqueixón. Goberno e oposición acordaron retiralo da orde do día co fin de remitir a proposta aos servizos xurídicos da Deputación da Coruña para obter asesoramento sobre esta cuestión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial