Boqueixón aproba obras por un valor de cerca de 500.000 euros

0

Boqueixón, 10 de maio do 2018 – O Pleno de Boqueixón aprobou no pleno ordinario de maio unha modificación de crédito de cerca de 500.000 euros que se destinarán a distintas obras no municipio.

O alcalde, Manuel Fernández Munín, explica que son cartos procedentes do superavit do 2017. Con esta modificación incorpóranse ao orzamento actual 484.765,40 euros que se destinarán a unha decena de obras e actuacións en infraestruturas deportivas e pistas municipais. Resérvanse tamén partidas para a adquisición dun camión de recollida de residuos (por 145.000 euros), e para a compra e instalación de equipamento informático (10.653,63 €). No tocante ás infraestruturas, aprobouse ademais un proxecto integral de habilitación de sinalización horizontal nas vías municipais, que conta cun orzamento de 119.854,74 euros. Esta iniciativa desenvolverase con fondos propios.

O pleno da paso a proxectos cofinanciados pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña como a construción dunha senda peonil para a seguridade viaria en Lamas; unha actuación de saneamento na parroquia de Gastrar; o proxecto para o aglomerado da pista desde o pavillón de Lestedo á estrada vella de Milleirós, e a mellora do polideportivo de Lestedo.

Por outra banda, aprobáronse varias actuacións de optimización nas instalacións deportivas. Un dos proxectos contempla arranxos de pistas polideportivas de Deseiro, Camporrapado, Codeso e Loureda (por un custo de 80.593,37 euros) e habilítase tamén unha partida de preto de 40.000 euros para levar a cabo a reparación das deficiencias na piscina municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial