займ срочно

Boqueixón creará un arquivo audiovisual dos plenos municipais

0

Boqueixón, 16 de marzo do 2018 –  O Pleno de Boqueixón deu luz verde á creación dun arquivo audiovisual das sesións plenarias. Deste xeito, dáse cumprimento ao Decreto 24/2018 de 15 de febreiro da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia sobre os libros de actas e resolucións da entidades locais.

O arquivo audiovisual ven establecido no artigo 2 de dito Decreto, establécese que as actas dos órganos colexiados terán que ser gardados en soporte electrónico incorporando, ou non, o arquivo audiovisual das sesións. Un punto que debería ser aprobado pola propia Corporación municipal.

O escudo en queixos

O Pleno acordou autorizar o uso do escudo de Boqueixón no packaging da Queixería Bo Queixo, pero non como parte integrante da súa marca. Esta decisión vén xustificada tras solicitar os correspondentes informes xurídicos. O alcalde Manuel Martínez exlicou que  “Non resulta viable a autorización do signo do Escudo do Concello de Boqueixón como parte integrante da marca aos efectos do seu rexistro, pero si que se poderá utilizar en materiais promocionais ou no envase dos seus produtos”.

Recoñecemento extraxudicial

A Corporación tamén aprobou o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de algo 115.874 euros para pagamento de facturas. A meirande parte delas correspóndense con abonos de alumeado público e arredor de 20.000 euros, co servizo de axuda no fogar tras o aumento das horas destinadas ao mesmo concretadas a finais do pasado ano.

Mocións

Finalmente, o Grupo Veciñ@s de Boqueixón presentou unha moción na que se reclamaba o arranxo dunha pista na parroquia de Lestedo. A moción foi desestimada, xa que, como indicou o alcalde, Manuel Fernández, “esa actuación xa está incluída nunha subvención do AGADER deste ano”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies