Boqueixón arranxa o centro sociocomunitario de Sergude

0

Boqueixón, 27 de decembro do 2018 – O Concello de Boqueixón xa ten en marcha as obras de acondicionamento do futuro centro sociocomunitario de Sergude. O local recibe un investimento de 200.000 euros por medio do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade.

En palabras do alcalde, Manuel Munín, “Con esta actuación, a veciñanza poderá dispoñer dun local no que desenvolver todo tipo de actividades, especialmente aquelas dirixidas á poboación da terceira idade”. O prazo de execución dos traballos en Sergude é de seis meses, polo que “se prevé ter todo rematado en primavera”.

Un inmoble accesible

As obras comprenden arranxos tanto na planta baixa coma no semisoto. Un dos principais obxectivos desta actuación é facer o inmoble totalmente accesible. Deste xeito, estase a levar a cabo unha nova distribución e acondicionamento dos aseos para persoas de mobilidade reducida. Tamén se realizará a substitución das portas da planta baixa para dotalas dunha anchura libre maior de 80 centímetros, especialmente pensadas para o paso de cadeiras de rodas.

Na actualidade, estase a desenvolver a substitución do falso teito por un novo con aillamento. O proxecto contempla, ademais, a reposición das fiestras por outras de dobre acristalamento e con rotura de ponte térmica. Unhas actuacións que se verán reforzadas coa nova instalación de climatización tanto na planta baixa coma no semisoto.

Por outra banda, o proxecto tamén contempla a habilitación de paneis móbiles en ambos andares. Deste xeito, poderanse crear espazos independentes con superficies distintas e adaptadas a distinto tipo de actividades, que se poderán desenvolver ao mesmo tempo.

Finalmente, contémplase a creación dun espazo exterior cuberto na entrada principal do edificio co fin de mellorar o acceso ao futuro centro sociocomunitario nos días de mal tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial