Boqueixón arranxa camiños e pistas municipais

0

Boqueixón, 28 de agosto do 2019 –  O Concello de Boqueixón vén de completar arranxos nunha trintena de camiños e pistas municipais a través dos distintos proxectos do POS e do PAI da Deputación Provincial.

O investimento realizado nos distintos camiños e pistas achégase aos 470.000 euros e permitiu acometer traballos de acondicionamento e mellora dos viarios municipais nas distintas parroquias.

“Todas estas actuacións buscan optimizar as vías de comunicación dentro do municipio facilitando, deste xeito, a mobilidade da nosa veciñanza”, indica o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. O rexedor tamén lembrou que aínda quedan pendente dous proxectos máis dentro destes plans por completar.

Dentro do POS 2018, acometéronse os asfaltados dos camiños de Noenlle a Feal por Mareque; do cruce de Carabán ao cruce de Lamas por Cubelo, e de Agra pola Volta cara o lugar da Igrexa, localizados nas parroquias de Sergude, Vigo e Loureda, respectivamente. Neste caso, investíronse 64.000 euros ao abeiro do plan provincial.

Tamén se aplicou capa asfáltica nos seguintes viarios da parroquia de Oural, por valor de 47.000 euros: pista de Villalapaz a Lubián polo cruce de Palmeira, camiño de subida de Lubián á pista Palmeira e camiño da panadería San Cidre ata o límite co municipio de Touro. Os asfaltados complétanse coas melloras nos camiños de Orto a Igrexa (parroquia de Boqueixón) e de Rubial a C. Varela (Lestedo) e na pista do lugar da Igrexa cara As Regas (Gastrar). Neste caso, o investimento foi de 58.000 euros.

En zahorra leváronse a cabo melloras nos camiños de Melón a Alto de Outeiro (Lamas); de Rubial a volta de Cachosenande (Lestedo) e da aglomerada do Pico cara Cachosenande (Lestedo). Tamén se aplicou zahorra ás pistas pasando a Cruz cara Caneda (nas parroquias de Vigo e Loureda), do alto de Quián á xeral de Deseiro de Abaixo (Sergude), e da churrera cara a aglomerada do Pico (Lestedo).

POS Complementario

Co POS Complementario, aplicouse unha capa de aglomerado ao camiño do cruce de Vigo ao de Carabán, na parroquia de Vigo. O proxecto contou cun orzamento de máis de 80.000 euros.

Pola súa banda, a través do plan PAI leváronse a cabo melloras nun total de 14 pistas de oito parroquias por un valor superior a 165.000 euros. Así, 53.000 euros destináronse a asfaltados nos camiños de Gastrar a Lamparte (parroquias de Loureda e Gastrar) e da calle da Ponte á AC-960 pola Abeleira (Ledesma). Tamén se acometeron arranxos nas pistas da Abeleira ao Castro (Ledesma); ao pozo de bombeo de Noente e subida Veloso (Ledesma) e de Corral a Supazo (Pousada).

Por valor de 61.000 euros aplicáronse capas de asfaltados nos camiños do Campo da Festa da Granxa a Boqueixón (Boqueixón); da AC-261 ao medio das casas en Rubio (Vigo); de Vigo a Melón de Abaixo (Vigo); da estrada da Deputación á planta de Orto (Boqueixón) e de Engás a Granxola (Codeso), ademais da pista da AC-960 ao final dos invernadoiros de Corna (Pousada).

Finalmente, e a través dun investimento de máis de 51.000 euros, acometéronse os asfaltados nas pistas da solaina ao cruce da aglomerada polo Pico Sacro (A Granxa) e xunto a churrera. Completouse este proxecto coa mellora con capa asfáltica ao camiño do establo Canabal ao fontaneiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial