Boqueixón abre o prazo de axudas para entidades sen ánimo de lucro

0

Boqueixón, 5 de abril do 2018 –  O Concello de Boqueixón vén de abrir a convocatoria de axudas para entidades sen ánimo de lucro, que teñen de prazo ata o 4 de maio para entregar toda a documentación.

As axudas so poderán ser para entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (un total de 62) e que acrediten un número mínimo de 15 persoas asociadas na data de presentación das peticións. As axudas irán destinadas ao desenvolvemento de actividades durante o ano 2018. Xunto coa propia solicitude, as asociacións deberán presentar unha declaración responsable na que se certifique que cumpran todos e cada un dos requisitos vixentes para obter a condición de beneficiarias, así como a declaración das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade. Ademais, deberase axuntar un certificado da composición actual da Xunta Directiva da asociación e do número de persoas asociadas e un proxecto ou memoria detallada da actividade ou proxecto a realizar. Completarase a documentación coa certificación bancaria co IBAN completo, a copia do DNI da representación legal da asociación e unha copia do CIF.

O Concello de Boqueixón destina un total de 8.000 euros para esta liña de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro do termo municipal. O importe máximo por axuda será de 1.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies