займ срочно

A bisbarra contra o Coronavirus XI, Boqueixón

0

Boqueixón, 24 de abril do 2020 – Seguimos o noso camiño pola bisbarra para coñecer o impacto do Coronavirus nos concellos e hoxe achegámonos a Boqueixón.

Falamos co seu alcalde, Manuel Fernández Munín, alcalde desde que no 2016 Ovidio Rodeiro foi nomeado Delegado Provincial da Xunta e el, Primeiro Tenente de alcalde, tivo que substituílo. Como todos, pensara moitas cousas pero nunca nunha pandemia como a do Coronavirus.

Boqueixón é un concello con moito territorio afastado das grandes estradas pero hoxe en día incluso o rural está moi conectado e polo tanto resulta imposible manterse fora do problema

Manuel Fernández Munín

Tamén como no resto da bisbarra tiveron que reforzar o traballo en asuntos sociais e conseguir que os veciños se sentiran acompañados polo concello

Fernández Munín é economista, consciente de que isto suporá un retroceso enorme pensa tamén que hai unha oportunidade para traballar unidos e cre que no futuro internet e a conectividade poden ser a mellor saída

 

A Festa da Filloa de Lestedo foi das últimas que se puideron celebrar, as patronais das distintas parroquias probablemente non se podan celebrar e iso tamén suporá un problema para toda a xente que vive diso

O turismo pode ser unha das saídas para concellos como o de Boqueixón pero a hostalería, ligada a ese sector, ten un futuro algo máis incerto

Pasear en coche polos recunchos de Boqueixón, chegar ao Pico Sacro ou buscar onde comprar ou comer uns bos grelos son algunhas das cousas que moitos esperan facer cando remate o confinamento. Os concellos do rural poden ser este verán a mellor opción para intentar esquecer, cando menos durante unhas horas, todo o que nos está sucedendo.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies