займ срочно

Boqueixón celebrará o 7 de agosto a Noite Velada

0

Boqueixón, 27 de xullo do 2020 – O concello de Boqueixón celebrará tamén este ano unha dos seus eventos de verán máis esperados, a Noite Velada.

Será o sete de agosto en Ponte Ledesma e, como non podía ser doutro xeito, a cita contará con algunhas modificacións con respecto á anteriores ocasións, co fin de garantir todas as medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19.

Boqueixón celebrará o 7 de agosto a Noite VeladaAdemais de proceder á tradicional iluminación da ponte medieval coas candeas, o Campo do Río de Ponte Ledesma acollerá a actuación de A Banda da Loba, a partir das 22.30 horas. O aforo estará limitado, polo que as persoas que queiran asistir deberán formalizar a súa inscrición chamando ao 981 513 061 ou enviando un correo electrónico a boqueixonturismo@gmail.com.

Para garantir un acceso ordenado e gradual, a apertura realizarase ás 21.30 horas. Disporanse cadeiras debidamente separadas no Campo do Río para poder ver o concerto.

Todas as persoas asistentes deberán cumprir obrigatoriamente coas medidas hixiénico sanitarias. Levarán obrigatoriamente máscara durante todo o evento, manterán a distancia interpersoal dun mínimo de 1,5 metros e utilizarán hidroxel para a hixiene de mans.

Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza a participar nesta actividade dun xeito responsable. O lecer non ten por que ser incompatible co obrigado cumprimento dos protocolos de prevención contra a COVID-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies