Boqueixón negocia co arcebispado a ampliación da cesión da Casa Reitoral de Lestedo

0

Boqueixón, 23 de maio do 2018 – O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, asistiu a unha reunión co arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio para tratar, entre outros temas, a ampliación da cesión da Casa Reitoral de Lestedo.

Según idicou o alcalde “Este inmoble acolle actualmente o Centro de Interpretación do Pico Sacro e xa é un lugar de referencia para a veciñanza e visitantes do noso municipio”. A cesión da Casa Reitoral de Lestedo concluirá proximamente, polo que dende o Concello de Boqueixón solicitaron unha ampliación deste tempo de cesión para que o edificio continúe como espazo museístico e de uso social.

Fernández Munín lembrou que dende o ano 1998, data na que iniciou o período de cesión, realizáronse varias inversións para a restauración do edificio, musealización e habilitación de espazos culturais. Unhas actuacións ás que cómpre unir o próximo proxecto de rehabilitación que se desenvolverá a través de plan de posta en valor do Pico Sacro e a súa contorna e que foi galardoado co Premio Galicia Parabéns. En total investíronse arredor de 400.000 euros en actuacións no inmoble.

Dende o Arcebispado compostelán, monseñor Barrio amosouse dacordo con ampliar a cesión da Casa Reitoral de Lestedo e nas próximas datas procederase á sinatura do convenio correspondente. Ademais, falou sobre a posibilidade de poñer en marcha outro tipo de colaboracións para a cesión doutros inmobles para que se proceda á súa restauración e destinalos a uso cultural e social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies