займ срочно

O Pico Sacro acollerá un congreso sobre astronomía nas rutas xacobeas

0

Boqueixón, 15 de xullo do 2020 – O Pico Sacro, acollerá nos meses de xullo e agosto o congreso público A astronomía nas rutas xacobeas.

Trátase dun programa de charlas e observacións astronómicas para tódolos públicos. Está promovido pola Axencia de Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, en colaboración co Concello de Boqueixón.

O Pico Sacro acollerá un congreso sobre astronomía nas rutas xacobeas

Vista desde o Pico Sacro

A primeira das sesións levarase a cabo o vindeiro xoves 23 de xullo ás 22.30 horas. Os exoplanetas centrarán a temática desta actividade á que seguirá unha observación do ceo nocturno na contorna do Pico Sacro.

A segunda actividade desenvolverase o martes 11 de agosto, tamén ás 22.30 horas. Neste caso, a sesión terá como protagonistas ás Perseidas. As tamén coñecidas como Bágoas de San Lourenzo centrarán a observación astronómica, que, en ambos casos, correrá a cargo do persoal do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da USC.

As dúas actividades do congreso público A astronomía nas rutas xacobeas son de carácter gratuíto. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón (cultura@boqueixon.com ou 981 513 115).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies