Boqueixón constitúe a Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero

0

Boqueixón, 12 de outubro do 2018 –  O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a constitución da Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

A iniciativa contra a violencia de xénero está encadrada dentro do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello (2018-2022) e inclúe tamén aos municipios de Touro e Vedra, xa que están integrados no Centro de Información á Muller (CIM) boqueixanés.

Nesta sesión tamén participaron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, ademais da Xefa da unidade contra a violencia sobra a Muller, da Delegación do Goberno na Coruña, Enmanuela Díaz Castro-Rial, e a concelleira boqueixanesa de Servizos Sociais e Igualdade, Ana María Seijo. Tamén se integran neste órgano distintos representantes dos eidos da Educación, Seguridade Cidadá e Sanidade.

“Con este organismo pretendemos optimizar o servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero, ademais de coordinar tipo de iniciativas entre os Concello de Boqueixón, Touro e Vedra de cara a sensibilizar a poboación sobre a importancia de loitar contra esta lacra social. Un traballo complexo, pero co que queremos aportar o noso gran de area de cara a conseguir unha sociedade máis igualitaria”, asegurou o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín.

Ademais da propia constitución da Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero, tamén se estableceron os principais obxectivos deste organismo. Entre eles atópase ofrecer unha resposta áxil e unha atención axeitada ás vítimas de Violencia de Xénero, mellorar a protección das vítimas; optimizar a coordinación entre os distintos axentes sociais, e desenvolver campañas de información e sensibilización entre profesionais de distintos eidos e entre a poboación xeral.

Composición Mesa Local

A composición da Mesa Local interinstitucional contra a Violencia de Xénero quedou constituída do seguinte xeito:

Presidente: alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.

Secretaría: directora do CIM boqueixanés, Cristina Carbajales.

Vogais:

Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade boqueixanesa, Ana María Seijo .

Psicóloga do CIM, Iolanda Neira.

Persoal dos servizos sociais de Boqueixón, Touro e Vedra.

Representante da Garda Civil.

Representante da Subdelegación do Goberno.

Representantes dos centros educativos (CPI Antonio Orza Couto; CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas; CPI Plurilingüe de Vedra; CEIP Ortigueira e CPI Fonte Díaz de Touro).

Representantes dos Centros de Saúde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial