A nova depuradora de Sergude supera o trámite medioambiental

0

Boqueixón, 12 de agosto do 2019 –  O proxecto da nova depuradora de Sergude vén de superar o trámite medioambiental, así o ratificou o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, durante a súa visita as instalacións.

Ovidio Rodeiro estivo acompañado en Sergude polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. O investimento previsto pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para esta depuradora ronda os 1,8 millóns de euros e contarán con fondos Feader.

“Esta nova EDAR suporá unha mellora moi considerable na dotación do servizo de saneamento á nosa veciñanza, xa que contará cunha maior capacidade”, indicou o rexedor boqueixanés. Unha vez completado o trámite medioambiental, o proxecto deberá ser aprobado polo pleno municipal de Boqueixón, que aportará tamén os terreos precisos para a súa construción. O Concello tamén someterá o expediente a exposición pública antes do comezo das obras.

visita depuradora de Sergude

cof

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro salientou que esta actuación “permitirá triplicar a capacidade da depuradora actual”. Dará servizo a unha poboación de 3.000 habitantes. “Con esta infraestrutura quedará garantido un sistema de saneamento e depuración óptimo para os vindeiros anos nas parroquias de Sergude e Lestedo e tamén para o polígono industrial de A Susana”, concretou o delegado territorial.

Capacidade media de 44 m3/hora

Segundo explican dende a Xunta, a nova EDAR de Sergude contará cunha primeira estrutura de pretratamento da auga, separando en tres contedores diferentes os residuos sólidos, as graxas e as areas. Tras este proceso sitúase o tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga á hora, inda que tamén pode tratar pico de ata 81 metros cúbicos. En caso de chuvias torrenciais que superen este caudal, o exceso enviarase a un depósito de retención ou tanque de tormentas.

O tratamento biolóxico estará conformado por un sistema de lodos activados por aireación prolongada en baixa carga, que contarán con dous axitadores para a produción de osíxeno. O seguinte proceso será o da decantación secundaria, integrada por dúas liñas, onde os lodos separaranse por gravidade a un pozo de bombea para a súa posterior deshidratación.

Este proxecto, que xa pasou a tramitación ambiental autonómica, deberá agora ser aprobado polo pleno municipal de Boqueixón, que aportará os terreos necesarios e someterá o expediente a exposición pública antes do comezo das actuacións. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial