займ срочно

Boqueixón estrea o novo pintado do enlace da estrada DP-1201 coa pista municipal do Forte

0

Boqueixón, 2 de agosto do 2019 – A Deputación da Coruña está a piques de finalizar os traballos de mellora da seguridade viaria no cruce da estrada DP-1201 (de Rodiño a Codeso) coa pista municipal do Forte.

O vial de enlace co Forte conta xa cunha nova intersección que garante a visibilidade para os condutores e viandantes a través dunha actuación que supuxo un investimento de 131.000 euros.

“Grazas a estes traballos acadaremos unha importante mellora da seguridade viaria nun cruce polo que transitan a diario numerosos vehículos. Trátase dunha zona cunha alta densidade de tráfico e que precisaba esta reforma de xeito urxente”, indica Fernández Munín, quen se amosou moi satisfeito por contar con esta nova e máis segura intersección.

enlace O Forte en BoqueixónOs traballos leváronse a cabo nun tramo de algo máis de 200 metros da estrada DP-1201, e máis concretamente entre os puntos quilométricos 2+100 e 2+360. Neles levouse a cabo a execución dun novo enlace coa estrada municipal do Forte e a anulación de dous tramos en desuso da estrada provincial.

Para paliar a falta de visibilidade por mor cunha curva e un cambio de rasante nesta zona, habilitáronse un carril de aceleración en dirección Rodiño e outro de deceleración en dirección Codeso, que facilitan o acceso a este cruce. Os traballos complétanse coa habilitación da rede para a recollida de augas pluviais, canalizacións e cunetas, ademais da pertinente sinalización vertical e horizontal, así como os elementos precisos para a defensa e balizamento da estrada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies