Boqueixón e Vedra ofertan un Curso de Monitor de Tempo Libre

0

Bisbarra, 1 de febreiro do 2019 –  Os Concellos de Boqueixón e Vedra, a través das súas OMIX, veñen de convocar unha nova edición do Curso de Monitor de Tempo Libre.

O curso de monitor de tempo libre é unha acción formativa dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos e que dará comezo no próximo mes de abril.

As inscricións deberán formalizarse na OMIX de Boqueixón durante o mes de febreiro. Para máis información, pódese remitir un e-mail a omix@boqueixon.com ou chamar ao teléfono 981 513 115.

Este curso ten un límite de 25 prazas e ofrece un total de 200 horas de formación que se complementarán con 150 horas de prácticas en entidades. O prezo e os horarios dependerán no número de persoas que formalicen previamente a súa solicitude de participación nesta proposta formativa.

Dende a OMIX de Boqueixón animan á mocidade a inscribirse neste curso, xa que supón unha excelente oportunidade para atopar un oco no mercado laboral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial