займ срочно

Boqueixón abre as inscricións para as Escolas Culturais e Deportivas

0

Boqueixón, 10 de setembro do 2018 –  O Concello de Boqueixón ten xa aberto o prazo de inscrición para as súas Escolas Culturais e Deportivas que inclúen unha ducia de actividades de todo tipo.

As Escolas de Boqueixón están dirixidas a público de tódalas idades. Entre as materias nas que se pode inscribir a veciñanza esta o teatro, Pintura, Inglés, Patinaxe, Judo ou Xadrez. Unha das novidades deste curso é o programa Madrugadores. Trátase dun novo servizo de conciliación da vida laboral e familiar, dirixido a escolares de Educación Infantil e Primaria. As sesións desenvolveranse nas instalacións do CPIP Antonio Orza Couto. O custo e horario concretaranse segundo o número de solicitudes rexistradas.

Apoio Educativo

A todo o dito hai que engadir o programa de apoio educativo. Está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria cun rendemento escolar insuficiente e insatisfactorio. A finalidade das sesións e ofertar unha axuda pedagóxica extraordinaria co fin de reforzar aos nenos na adquisición e automatización de técnicas instrumentais de aprendizaxe como lectura, escritura e cálculo. As sesións desenvolveranse no CPIP Antonio Orza Couto e serán impartidas pola Ruth Gómez, mestra de Educación Especial e Doutora en Pedagoxía Terapéutica.

Inscricións

As inscricións nas Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Boqueixón deberán formalizarse antes do 21 de setembro no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com). As fichas de inscrición pódense descargar na web municipal.

Requírese un grupo mínimo de participantes para iniciar cada unha das actividades. Estas desenvolveranse entre os meses de outubro e xuño.

O custo das sesións varían entre os 10 euros mensuais, nos casos de Teatro, Patinaxe, Xadrez e Pintura (non inclúe o material); os 15 euros ao mes de Judo e a Ocioteca; os 25 € de Inglés I e do programa de Apoio Educativo, e os 40 euros mensuais de Inglés II (adultos).

Dende o Concello ofrécense distinto tipo de descontos para familias. Tamén se realizan rebaixas no prezo se unha mesma persoa se apunta nunha ou máis actividades das Escolas Culturais e Deportivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies