A Filloa de Lestedo énchese de innovación

0

Boqueixón, 14 de febreiro do 2020 – Yayo Daporta e Roberto Filgueira dan unha volta á Filloa de Lestedo con recheos innovadores e orixinais.

A Asociación Cultural da Filloa e o Mercado Boanerges organizan en colaboración co concello de Boqueixón unha xornada dedicada á Filloa de Lestedo no local gastronómico situado en Compostela.

Ao longo de todo o día unha filloeira tradicional filloas para a súa degustación por parte de todos os visitantes ao Mercado de Boanerges. Xa pola noite os chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira entraron en acción para elaborar catro exclusivas tapas coa filloa e innovadores recheos como protagonistas.

A Filloa de Lestedo énchese de innovación

Roberto Filgueira, a esquerda, e Yayo Daporta a dereita

Roberto Filgueira é o chef e propietario do Balado, local de Boqueixón ao carón do Ulla. Daporta é pola súa banda o propietario do restaurante situado na parte superior do mercado de Boanerges.

Filloas con contido

A Filloa de Lestedo énchese de innovaciónYayo Daporta elaborou un novo concepto de taco de cocido galego cunha filloa, ofrecendo así unha versión moi galega dun produto típico da gastronomía mexicana. Por outra banda, quixo tamén dar presenza aos produtos de mar cunha filloa rechea de xurelo a brasa con pan de millo.

A Filloa de Lestedo énchese de innovaciónAs propostas de Roberto Filgueira tamén tiveron en conta os produtos do mar e da terra, así unha das súas tapas era unha filloa rechea de grelo e porco celta, e a outra unha filloa rechea de alga codium e polvo.

A Filloa de Lestedo énchese de innovación

A Filloa de Lestedo énchese de innovación

No seguinte vídeo, da canle de Lindeiros en youtube, os chefs explican as súas propostas aos asistentes

 

Nutrida asistencia

Ao evento gastronómico asistiron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canaval, o Delegado Territorial da Xunta para provincia de Coruña, Ovidio Rodeiro Tato e o director do Mercado de Boanerges, Manuel López. O rexedor destacou “a importancia deste tipo de eventos para dar a coñecer o potencial da filloa tradicional de Lestedo” e agradeceu a colaboración ao Mercado compostelán, pois “este tipo de sinerxias son moi beneficiosas para todas as partes”, e salientou “a boa disposición que en todo momento amosaron para desenvolver esta xornada de posta en valor da Filloa de Lestedo”. 

“A filloa incítame tradición, é un prato tan simple como mesturar fariña e auga pero é un estandarte da tradición gastronómica de Galicia. E por iso dende o Mercado Boanerges sentímonos moi orgullosos de poder acoller a presentación da Filloa de Lestedo”, sinalou Manuel López.

Esta iniciativa de posta en valor da Filloa de Lestedo está cofinanciada polo GDR Terras de Compostela. O presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal Vázquez, agradeceu o apoio desta entidade para dar a coñecer a valía dos produtos tradicionais do municipio. A acción está encadrada dentro da Medida Leader Galicia 2014-2020-Submedida 19.4 Promoción Territorial, no proxecto Sabores do Territorio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial