Boqueixón honra a pedagoga Antía Cal cun monolito no Pico Sacro

0

Boqueixón, 14 de maio do 2018 – O Centro de Interpretación do Pico Sacro foi o lugar elixido polo concello de Boqueixón para colocar un monolito na honra da pedagoga Antía Cal.

Antía Cal, cubana de nacemento pero galega de adopción, foi fundadora da escola Rosalía de Castro de Vigo. Este centro foi o primeiro laico, sen ensinanza relixiosa obrigatoria, de Galicia e o primeiro en ofrecer unha ensinanza bilingüe en inglés e castelán. Fora das clases o uso do galego era habitual e as aulas tiñan nomes de persoeiros da cultura galega.

A homenaxe a pedagoga foi impulsado desde a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu o acto, no que estivo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da agrupación cultural, Xosé M. Lobato. Preto dun cento de persoas, entre familiares da homenaxeada, amigos e unha ampla representación dos eidos da cultura e da educación, participaron nesta cita.

A homenaxe comezou co descubrimento do monólito no exterior do Centro de Interpretación do Pico Sacro, sé da Asociación Mestre Manuel Gacio. Arroupada por preto dun cento de persoas Antía Cal Vázquez foi oficialmente nomeada Socia de Honra da agrupación cultural, ocupando un lugar salientable xunto co finado escritor Xosé Neira Vilas. No monólito pódese ver a seguinte lenda: “Antía Cal Vázquez, pedagoga galega universal”. Precisamente o seu labor innovador no eido da pedagoxía centrou grande parte das intervencións realizadas polas autoridades. Así, Manuel Fernández agradeceu a Antía Cal Vázquez “todo o seu traballo en prol da educación igualitaria, da igualdade entre mulleres e homes, e da nosa lingua, o galego”.  Pola súa banda, tanto Ovidio Rodeiro como Valentín García coincidiron á hora de gabar o importantísimo labor desenvolvido por Antía Cal ao longo da súa vida. Un traballo que dende a Asociación Mestre Manuel Gacio quixo recoñecer con esta sentida homenaxe.

O acto continuou no interior do Centro de Interpretación do Pico Sacro, onde os asistentes conformaron o que se chamou remuíño agarimoso para ofrecer, en forma de música e bailes, a súa particular homenaxe á Antía Cal. Visiblemente emocionada, a pedagoga compartiu con todos os presentes as vivencias e as dificultades que tivo que superar durante os seus 95 anos de vida. Dende a Asociación Mestre Manuel Gacio amosáronse moi satisfeitos por contar coa presenza desta salientable profesional e por compartir con ela unha xornada de lembranzas. O monólito tanto de Antía Cal Vázquez coma de Xosé Neira Vilas presiden agora a sé desta agrupación cultural, que conta con máis de 300 socios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial