Boqueixón impulsa unha Mesa Local contra a Violencia de Xénero

0

Boqueixon, 12 de setembro do 2018 – O Pleno de Boqueixón dou luz verde á Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

A iniciativa encádrase dentro do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Boqueixón (2018-2022), que na súa Área 8 contempla a creación de dita Mesa dentro das súas Medidas para impulsar unha rede municipal de protección e de actuación nos casos de denuncias. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana María Seijo, explica que “Os Concellos de Touro e Vedra formarán parte desta Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero, toda vez que contan con convenios de colaboración para prestar o servizo do Centro de Información á Muller acreditado en Boqueixón. Entre as súas funcións atópase a de fomentar o principio de igualdade e desenvolver accións para a prevención e eliminación da violencia exercida sobre a muller”.

Este novo organismo terá como principal obxectivo “promover a nivel local actuacións para erradicar a violencia de xénero, así como contribuír á mellora da coordinación entre todas as institucións para tratar de eliminar a violencia machista e ofrecer unha mellor atención ás vítimas”, conclúe a concelleira.

O Pleno de Boqueixón dou tamén luz verde ao organigrama desta Mesa Local contra a Violencia de Xénero. Estará presidida polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, ou o/a concelleiro/a en quen delegue. A Secretaría correrá a cargo da directora do CIM boqueixanés, Cristina Carbajales. Ademais, o novo ente contará con oito vogalías:

A propia concelleira de Servizos Sociais e Igualdade boqueixanesa;

Persoal do CIM

Persoal dos servizos sociais de Boqueixón, Touro e Vedra

Representante da Garda Civil

Representante da Subdelegación do Goberno

Representantes dos centros educativos (CPI Antonio Orza Couto; CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas; CPI Plurilingüe de Vedra; CEIP Ortigueira e CPI Fonte Díaz de Touro)

Representantes dos Centros de Saúde

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial