Boqueixón organiza dúas iniciativas informativas de fomento do cooperativismo

0

Boqueixón, 27 de agosto do 2018 – O Concello de Boqueixón organiza dúas iniciativas formativas gratuítas para a promoción do cooperativismo entre a veciñanza, que terán lugar en setembro na Casa Consistorial.

As dúas xornadas están organizadas en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e terán horario de tarde. A cita sobre cooperativismo está aberta a calquera persoa interesada, sempre que se inscriba antes do 5 de setembro no Departamento de Emprego: emprego@boqueixon.com ou no 981 513 061.

O Concello de Boqueixón organizará unha xornada, de 3 horas de duración, para a divulgación de este modelo de empresa entre a veciñanza, ao tempo que se lles informa sobre as axudas e subvencións dispoñibles para a creación de cooperativas.

A segunda iniciativa é un curso-taller gratuíto de creación de cooperativas, de 25 horas de duración. Dirixido tanto a persoas ocupadas como desempregadas, o curso-taller busca que o alumnado adquira unha visión xeral do proceso de creación dunha cooperativa, de xeito que rematen cunha idea clara do camiño preciso entre a xeración dunha idea emprendedora e o inicio da actividade. O Concello de Boqueixón convoca 20 prazas, sendo preciso un mínimo de 10 participantes para a realización do curso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial