Lestedo comeza as festas de Lourdes

0

Boqueixón, 7 de setembro do 2019 – A parroquia de Lestedo inicia hoxe as súas festas patronais na honra da Virxe de Lourdes. O programa da celebración comezará cunha verbena nocturna na que actuarán o grupo Bomba e a orquestra Olympus.

mañá domingo, xornada principal da festa de Lestedo, está previsto un pasarrúas a partir das 10:30 horas. A misa solemne na igrexa parroquial está programada para as 13:00 horas. De seguido a sesión vermú contará coa actuación das bandas de música de Santa Cruz de Rivadulla e Cultural de Teo. A banda de Rivadulla encargarase despois da verbena nocturna.

Recibimento das reliquias de Santa Bernardita

Esta celebración popular, unha das festas patronais máis arraigadas na contorna, precede este ano ao recibimento das reliquias de Santa Bernardita na capela da Virxe de Lourdes de Lestedo. Será o 14 de setembro dentro do percorrido que ata o vindeiro Nadal efectúan as reliquias por distintos puntos de España dentro dun periplo por varios países europeos.

A parroquia prepara un completo programa de actos para o recibimento, no que colabora o Concello de Boqueixón e as diversas asociacións da zona. Comezará ás 16:30 horas e rematará pouco despois das 18:30 horas. Durante os actos relixiosos as persoas que o desexen poderán rezar ante a santa e os enfermos que o soliciten recibirán unha beizón. Ao final descubrirase unha placa conmemorativa do acontecemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial