Boqueixón mellora a seguridade viaria no Forte

0

Boqueixón, 12 de xuño do 2019 –  As máquinas están xa a traballar no proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección entre a estrada provincial DP-1201 (de Rodiño a Codeso) coa pista de O Forte.

Esta actuación do Forte, conta co financiamento da Deputación da Coruña, 131.000 euros, e o seu prazo de execución ascende a seis meses. Afecta a un tramo de algo máis de 200 metros da estrada DP-1201, entre os puntos quilométricos 2+100 e 2+360.

“Esta obra resulta de gran importancia, xa que se trata de dous viais moi transitados, porque enlazan a capital municipal, onde se atopan importantes servizos para a veciñanza, e unha estrada provincial que funciona como eixo vertebrador do municipio unindo as parroquias de Codeso e Rodiño”, afirma o alcalde en funcións de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.

Na actualidade, esta intersección resulta perigosa, xa que non conta con boa visibilidade por mor dunha curva que segue e polo cambio de rasante no P.Q. 2+220. Para paliar estas dificultades procederase á habilitación dun único cruce central de acceso á DP-1201, habilitando un carril de aceleración en dirección Rodiño e outro de deceleración en dirección Codeso, que facilitarán o acceso a este cruce. Os traballos completaranse coa execución dunha senda peonil na marxe esquerda neste tramo da estrada provincial.

“Grazas a estes traballos acadaremos unha importante mellora da seguridade viaria nun cruce polo que transitan a diario numerosos vehículos”, indica Fernández Munín. O proxecto contempla, finalmente, a habilitación da rede para a recollida de augas pluviais, canalizacións e cunetas, ademais da pertinente sinalización vertical e horizontal, así como os elementos precisos para a defensa e balizamento da estrada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial