Boqueixón reforza os mercados de Rodiño e Lestedo como espazos seguros

0

Boqueixón, 23 de xuño do 2020 – O concello de Boqueixón reforzou as medidas de control sanitario nos mercados de Rodiño e Lestedo coa finalidade de convertelos en espazos seguros.

 

O Departamento de Promoción Económica de Boqueixón informa das normas que se implantaron  “Establécese unha separación mínima lateral entre postos de 1,5 metros e no caso da distancia frontal supéranse os 6 metros. As persoas que acudan aos nosos mercados dominicais poderán contar con espazo suficiente para visitar os distintos postos coas maiores garantías”.

Boqueixón reforza os mercados de Rodiño e Lestedo como espazos segurosA este mercados incorporáronse xa os postos de téxtil e calzado como remate da apertura total en Rodiño, o segundo domingo de mes e que conta cunha quincena de postos, e Lestedo, que se celebra o primeiro e o terceiro domingo de mes, con máis de medio cento de negocios.

Ademais os postos agroalimentarios xa contan con mamparas e outras medidas de seguridade dispoñibles para a clientela. No caso dos postos de téxtil e calzado, as persoas comerciantes contarán con xeles hidroalcohólicos no caso de ter que manipular directamente o produtos, algo que debera evitarse nesta época.

Boqueixón reforza os mercados de Rodiño e Lestedo como espazos segurosDende o Concello de Boqueixón lembran de todos xeitos a obrigatoriedade do uso das máscaras e do mantemento das distancias de seguridade. Do mesmo xeito, evitarase tocar os produtos postos á venda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial