Boqueixón conta xa cun novo camión para o lixo

0

Boqueixón, 30 de decembro do 2019 – O goberno local de Boqueixón recibiu o novo camión para a recollida de lixo que adquiriu co remanente de tesouraría do ano 2017.

Este camión ten capacidade de 17 m3, e pode cargar ata 7 toneladas de lixo. Pero, sobre todo, destaca polas súas prestacións en materia de seguridade e pola súa dotación tecnolóxica. O novo camión mellora os sistemas de seguridade, xa que dispón dun mecanismo para evitar que ninguén quede atrapado, e conta ademais cunha cámara de seguridade para que o condutor poida comprobar que o seu compañeiro na parte traseira vai seguro e non corre riscos.

novo camión lixo en BoqueixónOutras das características do novo transporte para o lixo é o seu sistema adaptable aos distintos tipos e medidas dos contedores, e o cambio automático para evitar o desgaste. Este novo vehículo substitúe ao anterior, que xa estaba deteriorado e que, por tanto, comezaba a xerar gastos de mantemento.

novo camión lixo en Boqueixón

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial