Boqueixón organiza a Kedada na ponte

0

Boqueixón, 29 de agosto do 2018 –  O Concello de Boqueixón organiza a Kedada na ponte, unha iniciativa cultural e de lecer que terá lugar no campo do río de Ponte Ledesma este domingo 2 de setembro.

A Kedada na ponte incluirá un roteiro cultural por Ponte Ledesma, unha homenaxe ao escultor Bernardino Pereiro, un xantar de campo e diversas actividades culturais entre as que se inclúe a actuación de Circo Chosco e unha Feira de Artesanía.

A xornada comezará ás 11:00 horas cunha ruta histórica guiada de catro quilómetros por lugares como o castelo Bernárdez Sánchez de Ledesma, o campo francés, a igrexa de Ponte Ledesma e a propia Ponte Ledesma. Para participar é preciso anotarse no Concello ou chamando antes do 30 de agosto. Ás 13:30 horas terá lugar unha homenaxe a Bernardino Pereiro Becerra, destacado escultor en pedra e madeira, veciño de Ponte Ledesma aínda que na actualidade reside na Coruña.

Ás 14:30 horas terá lugar un xantar de campo, para o que haberá que reservar praza no teléfono 981 513 115 ata o vindeiro 30 de agosto. Os prezos serán de 15 euros para adultos/as e de 8 euros para nenos/as. A partir das 18:00 horas, Circo Chosco presentará o seu espectáculo “Forzu2”. Paralelamente haberá actuacións musicais, xogos tradicionais, inchables e unha Feira de Artesanía, con exposicións de pintura e escultura.

A Kedada na Ponte está organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración con Gadis, Xunta de Galicia, Turismo de Galicia e AGADIC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial