Boqueixón organiza un Obradoiro de iniciación ao coidado dos bonsáis

0

Boqueixón, 20 de marzo do 2019 –  Interesante e novidosa iniciativa do concello de Boqueixón que organiza un Obradoiro de iniciación ao coidado de bonsáis.

Trátase dunha iniciativa que pretende ofrecer unhas nocións básicas sobre como traballar con estas árbores miniaturas e sacarlle o maior partido. O experto en bonsáis Fernando Lueiro será o encargado de coordinar esta sesión.

O obradoiro desenvolverase o vindeiro 30 de marzo entre as 17.00 e as 19.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. O custo é de 23 euros (incluíndo bonsái) e de 3 €, sen el.

As persoas interesadas en inscribirse ou en obter máis información deberanse poñer en contacto co Departamento de Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no enderezo electrónico cultura@boqueixon.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial