займ срочно

Boqueixón organiza un roteiro de plantas medicinais

0

Boqueixón, 21 de maio do 2019 –  O Concello de Boqueixón organiza un Roteiro de Plantas Medicinais, partindo do Local social de Ponte Ledesma, o próximo sábado 8 de xuño.

Unha charla sobre plantas medicinais, ás 17.00 horas, será o punto de partida de esta actividade. Falarase dos mitos e realidades, a recolección e conservación, os usos e doses e as precaucións que hai que ter sobre este tipo de plantas. A continuación, ás 18.30 horas, realizarase un roteiro guiado pola zona para todas as persoas asistentes.

A veciñanza interesada en asistir deberá inscribirse no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón, ben a través do teléfono 981 513 115, ben no enderezo electrónico cultura@boqueixon.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies