Boqueixón en contra do peche de Abanca en Ponte Ledesma

0

Boqueixón, 29 de xullo do 2020 – A Corporación de Boqueixón aprobará no vindeiro pleno municipal unha moción contra o peche da sucursal de Abanca en Ponte Ledesma.

Os dous grupos políticos con representación en Boqueixón (PP e Veciñ@s de Boqueixón) unirán forzas para solicitar á entidade bancaria o mantemento desta oficina.

No documento que se aprobará ponse de manifesto a preocupación veciñal porque “a oficina de Ledesma permanece pechada, a pesares de que finalizou o estado de alarma e se está avanzando cara a nova normalidade”.

De cesar a actividade nesta sucursal, “as parroquias de Ledesma, Oural, Sucira Donas, Gres, Cira, San Miguel de Castro, Camanzo, Añobre, Bendaña, Vilar e outras, vense directamente afectadas e a súa veciñanza ten que percorrer longas distancias (en moitos casos, de máis de 15 quilómetros) para facer xestións bancarias como pago de recibos ou cobro de pensións”.

O peche desta oficina afectaría, tal e como se explica no escrito, a residentes en parroquias de ata 5 concellos: Boqueixón, touro, Silleda, A Estrada e Vila de Cruces. Ademais, “son as persoas maiores o colectivo máis afectado, xa que son as que máis dificultades presentan no acceso aos servizos bancarios en liña”, conclúe a moción.

O acordo establece a solicitude a Abanca Corporación Bancaria “a reapertura á maior brevidade posible da sucursal de Ponte Ledesma”. Do mesmo xeito, esta moción trasladarase aos Concello de Touro, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada para que sexa secundada polas súas respectivas Corporacións locais.

Pola súa banda, a veciñanza afectada presentou onte por rexistro no Concello de Boqueixón un escrito no reclamar o mantemento da oficina de Ponte Ledesma. Dito documento está acompañado por un milleiro de sinaturas que se posicionan contra o peche desta sucursal de Abanca, xa que quedarían sen un servizo básico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial