Boqueixón licita as obras do Plan Único da Deputación

0

Boqueixón, 11 de agosto do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a licitación das catro obras que financia o Plan Único no concello de Boqueixón e que supoñen un investimento de máis de 300.000 euros.

As obras licitadas consistirán no arranxo de varios viais nas parroquias de Ledesma, Pousada, Oural, Boqueixón, Sergude, Lestedo, Lamas, Loureda, Codeso e A Granxa.

O novo plan da Deputación da Coruña deixa un total de 473.994 euros no concello de Boqueixón que, ademais de financiar o 100% das obras que xa están en proceso de licitación, utilizaranse para custear o servizo de alumeado público, a través dunha contribución de 160.000 euros ao gasto corrente municipal.

As obras que se acometerán incluirán a pavimentación das estradas, aí coma a nivelación e o arranxe dos baches e o perfilado das mordentes. Tamén se contempla a limpeza de gabias e salvagabias, para asegurar así a drenaxe das augas pluviais, e o pintado de sinalización viaria.

O primeiro dos proxectos que se licita consistirá no arranxo do camiño interior de Ardesende, na parroquia de Codeso, e da pista de aglomerado que conduce ao Aeroporto, de 1.645 metros. Estas obras están dotadas con 93.830,66 euros.

Doutra banda, a Deputación destina 86.738 euros aos camiños de Ledesma a Codeso, O Pardiñeiro a O Corral (Pousada), O Puñariño á Capela de Pousada, AC-960 ao cruce de Palmeira de Oural e da AC-960 a Lamparte e Piñeiro de Abaixo (Boqueixón)

Cun orzamento de 78.182 euros, outro dos proxectos do Plan Único contempla o arranxo e pavimentación dos camiños de Deseiro de Arriba á Susana (Sergude), da AC-960 á escola de Sergude, da AC-960 ao AVE, de Deseiro de Abaixo a Rubial (Lestedo), de Milleiros a Churrera (Lestedo), da Picotiña a Rubial (Lestedo) e da Picota ao Frances (Lestedo), así coma dos viais interiores de Pumares hacia Raviña e Perito e de Rubial a Casa Gómez.

Por último, o Plan Único destina 55.242 euros aos camiños de Rodiño Pequeno (Sergude) a Senande (Lamas), de Outeiro á Igrexa, Caneda (Loureda), Lamparte a Loureda, Agra (Loureda), de Vareala á Cima da Aldea (Gastrar), de Piñeiro de Abaixo á Casa do Francés (Boqueixón), do cruce de Reboredo á Aldea, de Secundino a Campo da Feira e os interiores en Ardilleiro Pequeno (A Granxa), Maravexas (Boqueixón) e A Pichina (Codeso).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies