Boqueixón destinará a totalidade de POS a gasto social

0

Boqueixón, 29 de maio do 2020 – O Pleno municipal de Boqueixón aprobou destinar a totalidade do Plan de Cooperación de Obras e Servizos da Deputación da Coruña  (POS) ao gasto social derivado da crise do Coronavirus.

Serán 36.000 euros para gasto social que se destinarán á atención de proximidade de persoas maiores, de persoas con discapacidade e de persoas dependentes. Asimesmo vanse adquirir medios de prevención, e cubriranse as necesidades básicas das familias máis vulnerables do concello.

Do mesmo xeito, neste pleno tamén se aprobou por unanimidade o acordo para participar na solicitude de 134.416,35 euros para financiar gastos correntes a través do POS. E, con catro abstencións, tamén se aprobou unha modificación de crédito.

No eido cultural, o concello de Boqueixón aprobou a adhesión a Asociación Camiño Xeración Nós. Trátase dunha organización que pretende poñer en valor diferentes espazos visitados polo grupo literario galego, entre eles o Pico Sacro. A adhesión a este grupo conleva que se promova outro tipo de turismo e que se fomenten novas formas de visitar o Pico Sacro.

O grupo de goberno e a oposición aprobaron por unanimidade todas as mocións presentadas, nun pleno no que se gardou un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus, e polos seus familiares.

Orzamentos

O grupo popular explicou na sesión plenaria que o borrador dos orzamentos para este ano está xa moi avanzados, e que previsiblemente poderán presentalos antes de que finalice o primeiro semestre do ano.  Nos vindeiros meses, o goberno local buscará a forma de incrementar as partidas sociais para, entre outras cuestións, facilitar á conciliación dos veciños e veciñas de Boqueixón, coa dificultade engadida da situación cambiante e inestable que vivimos na actualidade como consecuencia da pandemia do Coronavirus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial