Boqueixón aproba 3 proxectos do POS + Adicional 2019

0

Boqueixón, 14 de setembro do 2019 – A Corporación de Boqueixón deu luz verde, na súa sesión plenaria de setembro, ás obras que se incluirán no POS + Adicional 2019 da Deputación Provincial de A Coruña.

O POS + Adicional incluirá tres proxectos que suporán un investimento dun total de 186.165,18 euros. Na súa intervención, o alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, salientou que estas tres actuacións “veñen a cubrir antigas demandas da veciñanza tanto da parroquia de Lamas como da de Loureda”. Máis concretamente, e neste último caso, procederase “ao acondicionamento da Praza da Pena, o que suporá a humanización desta aldea”, explicou o rexedor.

Por outra banda, proxéctase o acondicionamento en aglomerado do camiño que vai dende Lamas (Burgo) á Igrexa. Ademais da mellora do vial, tamén se contempla a canalización de 120 metros de augas pluviais e 300 de alumeado público.

Nesta mesma parroquia de Lamas levarase a cabo un proxecto de habilitación dunha senda peonil entre este lugar e o de Rodiño. “Deste xeito, enlazaremos esta infraestrutura coa que se está a rematar no medio do núcleo. A senda peonil facilitará que a veciñanza desta parroquia se poida trasladar con total seguridade ata a marquesiña do autobús que se atopa en Rodiño”, concretou Manuel Fernández Munín.

O voceiro accidental de Veciñ@s de Boqueixón, Iván Eirís (que substituíu a Xabier Canabal), anunciou a abstención do seu grupo neste punto. Se ben recoñeceu que se trata de obras necesarias, reclamaron a posibilidade de poder suxerir outras actuacións e de que se faga unha consulta previa sobre este tipo de cuestións.

Neste senso, o rexedor boqueixanés animou á oposición a presentar as súas suxestións de actuacións de cara aos vindeiros plans provinciais. “Anímolles a que nos remitan as súas propostas para o POS deste ano, que se terá que presentar no mes de novembro”, indicou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial