Boqueixón presentou a 37ª Festa da Filloa de Lestedo

0

Boqueixón, 10 de febreiro do 2020 – O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández  Munín, o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro e o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal presentaron no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o programa da 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, que terá lugar en Boqueixón o 1 de marzo.

O alcalde de Boqueixón destacou nesta presentación que a Festa da Filloa é “unha das celebracións da nosa vila das que nos sentimos máis orgullosos” despois de 37 edicións. Como explicaron de novo a Festa da Filloa compartirá protagonismo cos Xenerais da Ulla, o que fai que esta data sexa única, posto que na mesma xornada coinciden dúas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Pola súa parte, Ovidio Rodeiro destacou que aínda que “as administracións, como a Xunta e o Concello, procuramos aportar un soporte institucional e material, pero todo o mérito desta historia de éxito é exclusivamente dos veciños e veciñas de Lestedo”, e ademais sinalou que é importante ver cada ano como o relevo xeracional esta garantizado.

Actividades complementarias

A Festa terá distintas actividades complementarias ao longo das vindeiras semanas. O vindeiro xoves 13 de febreiro, o mercado de Boanerges en Santiago de Compostela acollerá un evento gastronómico cos chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira, que elaborarán entre as 21:00h. e as 22:30h. en directo catro tapas coa filloa como protagonista, que se venderán a un prezo de 3 euros, ó longo da xornada unha filloeira tamén elaborará filloas no mercado cun custe de 4 filloas a 1€. E a partir do 20 de febreiro e ata o 29 unha filloeira elaborará de xeito tradicional as filloas de Lestedo na cafetería do Centro Comercial El  Corte Inglés.

Boqueixón presentou a 37ª Festa da Filloa de LestedoO 15 de febreiro no Local Social de Lestedo terá lugar un taller de cociña infantil e xuvenil para que as novas xeracións aprendan a elaborar a filloa tradicional. O prazo para inscribirse a este obradoiro estará aberto ata o 14 de febreiro.

Dende o 24 de febreiro ata o día 29, desenvolveranse as V Xornadas Gastronómicas da Filloa en diferentes establecementos hostaleiros de Boqueixón, onde se ofrecerán innovadoras e creativas tapas con base na filloa e os máis innovadores recheos. Os establecemento participantes son: Bar- Restaurante “O Imprevisto”, Restaurante “Vía da Prata”, Casa de Xantar “Casa Castro”, Cervexería “O Vikingo”, Restaurante “Vente Vindo”, Café Bar “O 26” e o Bar “O Tapeo”.

Programa da 37ª Festa da Filloa de Lestedo

“Un ano máis presentamos un programa moi completo para festexar as grandezas da gastronomía galega e a nosa tradición”, sinalou Manuel Fernández Munin durante a súa intervención. O programa da Festa da Filloa o 1 de marzo inclúe degustación de filloas –doces e salgadas- dende media mañá e parranda de entroido ás 12:00 no campo da Festa, para despois dar paso a un intenso programa con moitas actividades das dúas festas de Interese Turístico de Galicia.

O V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial