Boqueixón leva o programa de prevención da dependencia a universidade

0

Boqueixón, 10 de novembro do 2018 – O programa Prevención da dependencia do Concello de Boqueixón foi o protagonista dunha xornada na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Sete persoas maiores integradas en Prevención da Dependencia participaron na presentación dun traballo elaborado por un grupo de alumnos de 2º curso de Educación Social da USC, para a materia “Contextos e ámbitos na Educación Social”. Este grupo de participantes, acompañados da educadora familiar municipal e dunha terapeuta ocupacional da Asociación AGADEA, foron invitados de honra nas aulas da Facultade de Ciencias da Educación.

Os estudantes expuxeron un traballo brillante elaborado tras a súa visita ao Local Social de Vigo (onde actualmente se desenvolve o programa). Para a súa elaboración, acompañaron ás persoas participantes no seu desprazamento ata o local e compartiron a tarde nas actividades de orientación espacio-temporal e de estimulación cognitiva.

Durante a presentación ante 60 estudantes de Educación Social, proxectouse un video-resumo do programa con imaxes captadas o día da visita. Posteriormente, as persoas maiores realizaron unha intervención individual onde salientaron a relevancia das actividades que realizan e o nivel de satisfacción de cada unha delas.

Como remate final, tanto o alumnado como as persoas maiores gozaron dunha sesión de xerontoximnasia dirixida pola terapeuta ocupacional.

Este encontro interxeneracional serviu para achegar a realidade e características deste programa ás persoas que estudan Educación Social. Tanto elas como o responsable da materia destacaron a importancia de levar a cabo actividades dirixidas a persoas maiores no contorno rural, e a importante función das e dos educadores sociais no desenvolvemento das mesmas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial