BoqueixON empresas, difusión na rede de negocios locais

0

Boqueixón, 12 de maio do 2020 – O Concello de Boqueixón ven de poñer en marcha a campaña BoqueixON empresas para reactivar a economía do concello por medio de publicidade na rede.

BoqueixON empresas é unha iniciativa dixital na que a través das redes sociais profundizarán na promoción das empresas locais. Para participar os propietarios dos establecementos deberán etiquetar o perfil de @ConcelloBoqueixón en Facebook e utilizar o hashtag #BoqueixONEmpresas na súa publicación; no texto deberán describir cales son os produtos e servizos que ofrecen ou se teñen algunha oferta especial.

O Concello compartirá no seu perfil a información destas empresas co obxectivo de que poidan acadar un maior público, e por tanto, dirixirse aos seus potenciais clientes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial