Boqueixón renova as beirarrúas no polígono de Sergude

0

Boqueixón, 9 de outubro do 2020 – O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de renovación das beirarrúas interiores no polígono de Sergude.

Esta actuación conta cun investimento de preto de 100.000 euros. O 80%  do custo é aportado pola Consellería de Innovación e Industria e  o 20% restante, polo concello de Boqueixón. Prevese que os traballos en Sergude finalicen nas vindeiras semanas.

Boqueixón renova as beirarrúas no polígono de SergudeO proxecto comprende a habilitación de novas beirarrúas interiores nunha superficie total de máis de 3.100 metros cadrados. Para isto, estase a levar a cabo a demolición das existentes e que se atopaban en mal estado de conservación.

As renovadas beirarrúas estarán construídas en formigón con mallazo sobre unha capa de 5 centímetros de zahorra para a súa regularización. Ademais, habilitaranse os correspondentes vados peonís executados con pavimento diferenciado de baldosa hidráulica.

Boqueixón renova as beirarrúas no polígono de SergudeComo complemento, o proxecto inclúe a instalación de 3 illas para recollida selectiva. Cada unha delas estará composta por 4 colectores coas súas correspondentes estruturas de peche.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial