Boqueixón entregou os recoñecementos aos gañadoires da VI Ruta de Tapas

0

Boqueixón, 24 de Nadal do 2017 – A VI da Ruta de Tapas “Qué rico estás Boqueixón” 2017 celebrada o 24, 25 e 26 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro,  finalizou co contento xeral de hostaleiros e clientes, un éxito de público posto que supuxo un aumento considerable con respecto á ruta do 2016.

Os clientes percorreron os 11 locais participantes, que formaban a Ruta de Tapas,  votando pola mellor: Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar  Latino,  A Taberna d´San Benito, Café Bar A Barreira, Casa de Xantar Casa Castro, Casa Agrelo, Restaurante Vente Vindo, Café Bar  O Rincón de Pepe,  Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata e votando pola mellor.

O xurado popular, tras o reconto de votos, outorgou os seguintes galardóns:

1º premio “mellor tapa de Boqueixón 2017” Café Bar O Rincón de Pepe coa tapa “Os sete pecados”

2º premio Cervexería O Vikingo coa tapa “Airiños do Pico”

3º premio A Taberna d´san Benito coa tapa “Costeleta de cordeiro con salsa de inverno”

Por outra banda, realizouse a entrega dos premios sorteados entre os clientes. Repartíronse un total de 200€ en metálico, 5 botellas magnum cortesía da Bodega Pazo do Mar, 4 estoxos de botellas cortesía de Bodegas Lodeiros e 1 vale de 120€ para trocar por un xantar/ cea nos establecementos hostaleiros da ruta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies