Ruta de Tapas “Que rico estás Boqueixón”

0

Boqueixón, 14 de novembro do 2019 – O Concello de Boqueixón ven de presentar a oitava ruta de tapas Que rico estás Boqueixón que comezará o vindeiro día 22.

A ruta de Tapas foi presentada en Casa Castro (Sergude), establecemento gañador da sétima edición desta Ruta de Tapas. O acto contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín; do concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, José Manuel Canabal Vázquez, e de representantes da hostalería do municipio.

Dúas fins de semana

Que rico está Boqueixón celebrarase os días 22, 23, 24, 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Na súa intervención, o rexedor boqueixanés salientou que “a gran novidade desta edición é a incorporación dos Cantos de Taberna a esta iniciativa. Cinco agrupacións musicais do municipio encargaranse de amenizar as xornadas nas que se desenvolverá a Ruta de Tapas ofrecendo actuacións nos distintos establecementos participantes”, explicou.

Son de Gaita actuará no Imprevisto o venres 22 pola noite e no Vente Vindo o sábado 30 tamén en horario nocturno. As Pandereteiras de Codeso amenizarán a Ruta de Tapas o venres 22 pola noite tanto no Vía da Prata como en Casa Castro. Neste mesmo local actuará o domingo 24 a agrupación Re-Voltas. Pola súa banda, Os Brañas de Lamas porán a súa música á noite do venres 29 de novembro no Vikingo. Finalmente, Muxicas da Silveira estarán o sábado 30 á noite no Vente Vindo e o domingo 1 de decembro a mediodía no Záramo.

“Todas estas actuacións suporán un incentivo máis para animar a veciñanza e visitantes a degustar as elaboracións da nosa hostalería. Entre as propostas non faltarán os alimentos propios do outono, así como doces ou produtos propios da zona”, engadiu Fernández Munín.

6 estabelecementos participantes e 9 tapas

Cada un dos pinchos presentados na VIII Ruta das Tapas Que rico estás Boqueixón ten un custo de 2 euros. Poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 21.00 a 23.30 horas. As bases do concurso á mellor Tapa de Boqueixón pódense consultar na web municipal www.boqueixon.com.

Entre as taspas que se poderán degustar están preparacións como Tosta de brandada de bacallau con hummus de garavanzo, millo torrado con pasas de Corinto, Tosta de Bo-Queixón, Richada soleada ou Bocadiños de alcachofa 

Sorteo de dous premios

A VIII Ruta de Tapas Que rico estás Boqueixón sorteará ata 300 euros en dous premios. Para participar, a clientela deberá facer entrega do folleto de participación debidamente cumprimentado.

O primeiro dos sorteos corresponderá a un premio en metálico de 180 euros aportado pola hostalería participante na Ruta de Tapas. Para participar, é preciso ter os seis selos dos establecementos que integran esta iniciativa.

Para o segundo sorteo, precisarase ter 5 selos dos 6 establecementos da Ruta de Tapas. O premio, aportado polo Concello de Boqueixón, consistirá nun vale regalo por valor de 120 euros para canxear por unha comida ou cea no establecemento gañador da VIII Ruta das Tapas.

De todas as votacións do público participante sairán tamén as propostas vencedoras desta Ruta de Tapas. Así, nomearanse tres vencedores, co primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial