Boqueixón Sacro, visitas guiadas ao patrimonio municipal

0

Boqueixón, 27 de agosto do 2020 – O Concello ultima todos os preparativos para a posta en marcha dun novo programa de visitas guiadas de balde Boqueixón Sacro.

Según o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín “Esta proposta vén a complementar a xa posta en marcha, e que está contando con boa aceptación, de visitas guiadas de balde ao Pico Sacro, ó Centro de Interpretación e a Ponte Ledesma”, indica. O rexedor salienta que “este tipo de iniciativas buscan dar a coñecer o amplo patrimonio do noso municipio, non só entre as persoas visitantes, senón tamén entre a propia veciñanza”.

O programa Boqueixón Sacro dará comezo o vindeiro 1 de setembro e estenderase ata o 31 de decembro. Os percorridos correrán a cargo dun técnico de Información Turística e serán totalmente gratuítos, previa inscrición a través do teléfono 981 513 061 ou enviando un e-mail a boqueixonturismo@gmail.com.

Boqueixón Sacro, visitas guiadas ao patrimonio municipalPara realizar as visitas requírese un grupo mínimo de 5 persoas e establécese un máximo de 10, co fin de garantir todas as medidas de prevención contra a COVID-19. Os/As asistentes deberanse desprazar no seu propio vehículo aos distintos puntos establecidos no itinerario que durará, aproximadamente, hora e media. Os lugares de interese que se darán a coñecer a través de este programa son os seguintes:

Capela de Nosa Señora de Lourdes de Lestedo

Igrexa de Santa María de Lestedo

Igrexa de San Lourenzo da Granxa

Capela de San Sebastián (Pico Sacro)

Igrexa parroquial e cruceiro de Santa María de Lamas

Cruceiro de Rodiño

O punto de encontro será a Igrexa de Santa María de Lestedo. As visitas guiadas desenvolveranse de luns a venres en horario a convenir entre as persoas interesadas e o propio técnico de Información Turística do Concello de Boqueixón.

Dende o Concello lembran a importancia desenvolver estas actividades respectando todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a COVID-19. Por iso, será obrigatorio o uso de máscaras en toda a actividade, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a limpeza de mans con hidroxeles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial