Boqueixón adquire 30 trampas para loitar contra a vespa velutina

0

Boqueixón, 17 de marzo do 2017 – O Concello de Boqueixón ven de adquirir 30 trampas para a chamada vespa asiática que serán distribuídas por diferentes puntos do concello atendendo as alertas xeradas polos veciños tras a detección dun niño ou en zonas propensas ao desenvolvemento deste insecto.

A colocación de trampas para a captura de raíñas pode ser un método importante na loita fronte a Vespa velutina, xa que cada raíña capturada suporá que haberá un niño menos no entorno.

Durante a campaña do ano 2016 foron retirados no Concello de Boqueixón, por persoal altamente cualificado, 30 niños activos, destacando a zona norte do concello como a de máis actividade.

A tal efecto, e coa finalidade de que a veciñanza estea o máis informada posible, habilitouse un apartado especial na web do concello no que poder consultar información de interese sobre a Vespa velutina.

Actualmente, Boqueixón conta con 10 niños detectados sen actividade, os cales se retirarán nestes días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial