Ponte Ledesma volverá a época napoleónica

0

Boqueixón, 3 de marzo do 2020 – Os Concellos de Boqueixón e de Vila de Cruces reviven as batallas napoleónicas en dúas visitas teatralizadas a Ponte Ledesma.

As representacións en Ponte Ledesma terán lugar os domingos 8 e 15 de marzo ás 12:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora e media.

Os actores Suso Martínez e Pedro Brandariz darán vida ao capitán Benito Martínez e o abade Alonso Valladares para representar e narrar a batalla que se librou en Ponte Ledesma Gres contra o exército de Napoleón. Trátase da terceira edición dunha cita cultural que xa se está a consolidar entre o público, xa que combina ocio, cultura e coñecemento.

Ponte Ledesma volverá a época napoleónicaO último ano a visita teatralizada completouse coa narración dos feitos acaecidos en marzo de 1809. E nesta ocasión, como novidade, os actores tamén recrearán os feitos acontecidos antes e despois da histórica batalla. En 2019 recrearon o duelo entre dous oficiais franceses, e en 2020 realizarán unha narración teatralizada do encontro entre o capitán Benito Martínez e a figura do sacerdote don Alonso Valladares, momentos antes da batalla.

A presentación das visitas teatralizadas da Batalla de Ponteledesma desenvolveuse sobre a Ponte Vella, coa participación dos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Vila de Cruces, Luis Taboada. Fernández Munín destacou o éxito de público e a elevada valoración que obtivo esta actividade, “os últimos anos comprobamos que estas representacións teatrais teñen moito éxito, e por iso seguimos apostando por esta fórmula para conmemorar a batalla que os nosos antepasados libraron contra o exército de Napoleón”. Taboada, pola súa parte, explicou que as Visitas Teatralizadas deste ano “para nada son unha repetición”, posto que de novo inclúense diversas novidades e ademais insistiu na necesidade destas accións “para que a historia non se repita”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial