O grupo municipal Veciñ@s de Boqueixón demanda a creación dunha bolsa de vivendas sociais

0

Boqueixón, 7 de maio do 2017 – Veciñ@s de Boqueixón presentou no rexistro do Concello unha moción  instando ao Concello a crear unha bolsa de vivendas en alugueiro social.

Según Veciñ@s por un lado ofrécese unha alternativa ás familias de Boqueixón en situación de dificultades económicas e ofértase unha bolsa de vivenda aos mozos con menos recursos do concello, dándolle oportunidade da emancipación. Por outro lado, o concello ofrecería unha seguridade xurídica aos propietarios individuais que desexaran alugar casas baleiras, tentando así que estas non se veñan abaixo por falta de uso.

O grupo municipal explica que con esta medida tamén se pretende que se valoricen locais sociais en desuso, retorais, escolas unitarias, a través de convenios cos distintos estamentos.

A valorización do Patrimonio Municipal.

Un dos obxectivos da moción é, según veciñ@s, tentar solucións áxiles e beneficiosas para todos aqueles propietarios que teñan vivendas baleiras no Concello, que a través de contratos e convenios coa Administración Local, lle garantan un retorno ao propietario en análogas condicións a cando ofertou a súa vivenda.

Por outro lado tamén se busca que se restauren todas as casas rectorais baleiras do Concello para poñelas á disposición dos veciños. A través de convenios de cesión destes inmobles, o Concello encargaríase da súa posta a punto. E o mesmo coas escolas unitiarias e outros inmobles de titularidade municipal infrautilizados e que poidan reconvertirse ao uso de vivenda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies