займ срочно

V Xornadas gastronómicas da Filloa en locais de Boqueixón

0

Boqueixón, 24 de febreiro do 2020 – Continuando coas actividades previas a Festa da Filloa de Lestedo, que se celebra o 1 de marzo, sete locais hostaleiros da vila participan desde hoxe nas quintas Xornadas gastronómicas da Filloa.

Como cada ano, os consumidores que visiten os locais participantes poderán degustar por un prezo de 2 euros exquisitas tapas elaboradas coa filloa como protagonista. As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas.

V Xornadas gastronómicas da Filloa en locais de BoqueixónTapas para todos os padais

Os establecementos que participan son: Bar-Restaurante “O Imprevisto”, restaurante “Vente vindo”, café-bar “O 26”, cervexería “O Vikingo”, restaurante “Vía da prata”, Casa de Xantar “Casa Castro” e taberna “O tapeo”.

V Xornadas gastronómicas da Filloa en locais de BoqueixónAs tapas que elaborarán son unha filloa de grelos con mar caramelizado e filloa de café irlandés no  Bar-Restaurante Imprevisto, a Filloa do 26” no Café-bar O´26, a “Entroidada”, o “Revolto na pantalla” e “atranque de chicharrón no Restaurante Vente Vindo, “bocados a carón do lume” na cervexería O Vikingo, “Filloa namorada” e “Filloa croculloa” no Restaurante Vía da Prata, “Filloa da avoa” e “Filloa o tapeo” en Taberna O Tapeo, e “Filloa rechea” na Casa Castro.

V Xornadas gastronómicas da Filloa en locais de Boqueixón

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies