Borja Golán consegue en casa o décimo sexto campionato de España

0

Ames, 13 de febreiro do 2018 –  As instalacións do Squash Club Santiago do Milladoiro acolleron esta pasada fin de semana o campionato de España absoluto de squash no que o amesán, Borja Golán, sumou o seu décimo sexto título nacional.

Golán, que ten 35 anos e é número 17 do ranking mundial, venceu na final por tres sets a cero ao catalán Iker Pajares. Dende o ano 2002, no que gañou a seu primeiro campionato de España, o xogador amesán gañou todos os títulos disputados, excepto o do ano 2010 no que tivo unha grave lesión de xeonllo e non puido participar.

Borja Golán conseguiu o seu décimo sexto campionato de España despois de gañarlle na final ao catalán Iker Pajares. Golán gañou por 3-0 (11-4, 11-4 e 11-5) en 58 minutos de xogo. Aínda que o resultado parece que foi un partido sinxelo, o campión amesán indicou que “na final xoguei o meu mellor partido do campionato e puiden sacar adiante un partido que foi más difícil do que indica o resultado final. Xogar aquí no Milladoiro ante toda a miña xente foi algo moi especial e serviume de gran axuda”. Cómpre destacar que Golán tan só perdeu un só set en todo o campionato, foi no partido de cuartos de final contra o tamén amesán Carlos Cornes.

Borja Golán explica que “para min o campionato de España é un dos torneos máis importantes do ano, polo que sempre intento chegar ao 100% para ter posibilidades de gañalo. A este campionato chegaba cun pouco de incerteza porque lesionarame nun aductor no campionato do mundo e levaba mes e medio sen competir. Por sorte fixen un bo torneo e puiden conseguir un novo título nacional. Sabía que Iker Pajares era o xogador que estaba en mellor forma de todo o cadro, e xusto aí na final, fixen o mellor partido do torneo, o que me permitiu gañarlle a Pajares”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies