O Boudsport de Ordes clasifícase en cuarta posición do galego cadete de Taekwondo

0

Ordes, 1 de febreiro do 2017 – O club Boudsport de Ordes segue a colleitar bos resultados nos campionatos nos que participa.

A fin de semana pasado o Boudsport viaxaba a Guitiriz para participar no campionato galego en categoría cadete 2017, un desprazamento que se complicaba no último momento ao ter que acudir só con 6 deportistas no canto dos 8 previstos inicialmente.

O Boudsport colleito na competición 2 campións galegos, 1 subcampiona galega e 1bronce. Manuel Castro Rodríguez e Carla Dieguez Veiras proclamáronse campións dos seus respectivos pesos e asegúranse a súa participación no campionato de España cadete coa selección galega.

Eliana suarez Mosquera conseguiu o subcampionato galego e a súa compañeira Andrea caneda Pajaro a medalla de bronce.

Hai que destacar tame´n o traballo realizado por Sara Soneira e Claudia Dieguez que no peso galo foron gañando os combates perdendo no último segundo o que demostra tamén o bo camiño no que estan.

Grazas a estes bos resultados o club Boudsport puido auparse a cuarta posición da clasificación xeral por equipos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial