Brión abre o sexto ciclo “Venres Musicais” da ESMU Magariños

0

Brión, 8 de febreiro do 2019 – A Escola Municipal de Música Magariños de Brión organiza o ciclo “Venres musicais”, que chega á súa sexta edición e que inclúe dous concertos.

O primeiro de estes Venres Musicais terán lugar esta tarde no auditorio do centro social polivalente de Brión, ás 20:00 horas. A entrada é libre e de balde.

O concerto contará “cun repertorio variado de obras, dende o clasicismo ata obras modernas e de carácter popular”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. A interpretación estará a cargo do alumnado de piano e guitarra do Nivel II do Plan Educativo Xeral (PEX), é dicir, dos tres primeiros cursos da escola.  

Carlos Pintor lembra que estas xornadas naceron “para facer da aprendizaxe do instrumento e a interpretación unha xuntanza que vaia na mesma liña. Queremos así converter a audición diante do público, nun feito cotián para os nenos e nenas que estudan na nosa escola”.

A organización corre por conta da ESMU Magariños, que conta coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O seguinte concerto terá lugar o venres 22 de marzo, no mesmo espazo escénico e á mesma hora, por parte do alumnado dos Niveis II e III.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial