O rural de Brión recibe a fibra óptica

0

Brión, 4 de novembro do 2019 – A fibra óptica ten en xeral unha débeda pendente co rural, Brión comeza a ser unha excepción xa que máis da metade das aldeas teñen xa cobertura ou previsión de tela.

Son datos da Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia. O alcalde brionés, José Luís García, celebra que “a día de hoxe, 56 das 106 aldeas de Brión contan con cobertura o previsión de cobertura de fibra óptica. E os outros 50 núcleos están incluídos como entidades elixibles nas convocatorias de axuda anuais que publica o Estado no marco do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración”.

Brión fibra ópticaDurante o presente ano este programa estatal xa despregou fibra óptica de Telefónica nos núcleos de Cabanas e Gontade (na parroquia de Os Ánxeles) e Brans de Abaixo, Brans de Arriba, Brión de Arriba, Cabreiros, O Casal, O Enxo, Gronzo, Lamiño, Liñares, Pedrouzos e Quintáns (na parroquia de Brión). Ademais, nos próximos meses despregarase fibra de Telefónica na aldea de Tembra, na parroquia de Boullón.

Ademais, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia confirmou que o núcleo de Mourentáns, na parroquia de Viceso, disporá de fibra óptica de Telefónica antes de que remate o primeiro trimestre de 2020, nesta ocasión grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia.

José Luías García lembra que “pola súa orografía, Brión sempre foi un lugar complicado para o despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, polo que celebramos que 56 das nosas aldeas xa conten con este servizo e agardamos que nas próximas convocatorias poidamos continuar co despregamento destas redes nas outras cincuenta aldeas do municipio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial