займ срочно

A ANPA Andaravía desenvolve un proxecto de igualdade e prevención da violencia machista

0

Brión, 23 de outubro do 2019 – A ANPA Andaravía do CEIP Pedrouzos, en Brión, desenvolverá nos próximos dous meses un proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia machista.

Trátase dunha iniciativa que Andaravía desenvolve en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiras/os Solidarias/os (AGARESO). Chegará a un total de 75 nenas e nenos de quinto de primaria, así como os pais e nais que queiran participar noutras actividades pensadas para as familias.

Anpa andaravía prevención violenciaA proposta ten como obxectivos básicos fomentar a participación social das familias e do alumnado, xerar conciencia crítica sobre as causas da desigualdade de xénero e da violencia machista, e empoderar o alumnado a través do manexo e bo uso das tecnoloxías da comunicación. Para conseguir estes fins, xerarase unha campaña de comunicación participativa, promovendo a reflexión sobre as mensaxes e os produtos que recibimos a través dos medios de comunicación.

Materiais de contradiscurso

Durante os case tres meses nos que se desenvolverá o proxecto, AGARESO impartirá diferentes obradoiros relacionados coa comunicación (radio, audiovisual e publicidade). Posteriormente, o alumnado do CEIP Pedrouzos realizará cuñas publicitarias contra o machismo, un spot sobre a igualdade de dereitos entre nenos e nenas e cartelería desmontando as mensaxes publicitarias que cousifican as mulleres.

Estes materiais de contradiscurso, enfocados a «mudar a narrativa», serán presentados ao remate da campaña. Así mesmo, elaborarase unha guía didáctica para que, en sucesivas ocasións, o centro poida pór en práctica estes obradoiros de xeito autónomo.

Educación para o cambio social

AGARESO deseña e realiza desde o 2011 proxectos de educación para o cambio social que empregan as ferramentas de comunicación para reforzar a reflexión e o discurso sobre as temáticas da educación para o desenvolvemento, pero tamén a formar o profesorado en técnicas innovadoras de aprendizaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies