Brión aproba por unanimidade o POS+ 2019

0

Brión, 20 decembro do 2018 –  O pleno de Brión aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre o Plan Único de Concellos POS+ 2019, que destinará 280.400,15 euros a obras e outros 262.705,35 euros a gasto corrente.

O Concello de Brión non acudirá ao Préstamo Provincial 2019, estimado en 180.424,05 euros. O POS+ 2019, aprobado sen debate entre os grupos, recolle un investimento de 134.226,63 euros da Achega Provincial 2018. Estes cartos destínanse a mellora dos camiños e accesos a Sabaxáns e Osebe, onde o Concello de Brión achegará 1.532 euros para complementar a aportación da Deputación.

Destinaránse ademais 145.173,52 euros do Plan Complementario á mellora dos accesos ás aldeas de Mato e Busto de Frades, así como para a mellora de camiños en Ons e Vilar. Por último, a Achega Provincial 2019 destinarase integramente a financiamento de gastos correntes por un importe de 262.705,35 euros.

Resto da sesión

O pleno ratificou, taménpor unanimidade, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a creación dun dos centros de coworking que integrarán a nova Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.  Este proxecto suporá un investimento de 213.266,86 euros, dos que o 74,4% (158.632,80 €) serán achegados directamente pola Deputación a través dos fondos da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende). Do orzamento total, 94.799,74 serán destinados ás obras para adaptar o espazo reservado na área comercial Monte Balado; mentres que outros 118.467,12 euros serán para dotalo de subministros.

“Transformando en Brión” será un espazo pioneiro en Galicia e a súa actividade principal será a transformación de alimentos do sector primario (hortalizas, conservas vexetais, zumes, cogomelos, cereais, marmeladas, carnes, embutidos, doces, produtos de panadería, etc.) de produtores locais dos municipios da comarca de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial