Aprobados definitivamente os orzamentos de Brión

0

Brión, 16 de xuño do 2020 – O concello de Brión ten aprobados os orzamentos desde este luns coa publicación no Boletín Oficial da Provincia que os converte en definitivos para o 2020.

Uns orzamentos que ascende a 6.745.220,39 euros, un 6,63% máis co ano anterior (6.326.110,96 euros), e que incrementa nun 10% a partida destinada a Servizos Sociais e Emprego.

Unha aprobación atípica

Pese a non recibir ningunha reclamación foron unhas contas atípicas na súa tramitación. O período de exposición pública prolongouse catro meses debido á suspensión dos trámites administrativos derivada do decreto do estado de alarma.

Os orzamentos contemplan unha partida de 1.019.855,25 euros dedicada a investimentos reais, un 15,12% máis co exercicio anterior. Unha achega á que haberá que engadir un millón de euros para a pavimentación das principais estradas do municipio en aglomerado en quente. Entre os investimentos previstos figuran as obras incluídas no POS+ 2020, que recolle un investimento de 53.561,91 euros da Achega Provincial 2019 a un proxecto de obras de mantemento e mellora de beirarrúas en Lamiño e Liñares, ao que o Concello de Brión achegará outros 864,41 euros.

O Concello de Brión destinará os 262.621,83 euros do Plan Complementario a dous proxectos: mantemento e mellora de aldeas e camiños en Trasouteiro, Brión de Arriba, Saíme e Espiñeiros (115.846,93 euros) e mantemento e mellora das redes de abastecemento e saneamento de Chave da Ponte, rúa Gondar, Cabanas-Saíme, Bastavaliños, Soutullos e Bemil (146.774,9 euros). Outras iniciativas importantes son a mellora da seguridade viaria na travesía de Bastavaliños, que conta cun orzamento de 306.735,47 euros, incluída no POS Adicional 1/2019.

Contas por partidas

Dun breve desglose das contas recóllese un incremento do 8,47% con respecto a 2019 en gastos de persoal (2.420.825 euros) e do 4,73% para mantemento de servizos básicos (2.711.229 euros) e, sobre todo, nos servicios prestados por outras empresas e profesionais de Concello. Pola contra, baixa nun 8,57% o Capítulo IV de transferencias correntes, sobre todo pola achega menor á Mancomunidade.

No que atinxe aos ingresos, non se contempla o incremento de ningún imposto ou taxa municipal, de forma que se contemplan 2.048.081 euros en impostos directos (1.871.426 euros de 2019) e 74.242 euros en impostos indirectos (43.134 euros en 2019), así como 1.343.163 euros en taxas e outros ingresos (fronte aos 1.217.485 euros de 2019).  Finalmente, contémplanse 2.655.578 euros de transferencias correntes e 596.702 euros en transferencias de capital.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial